Arranca a veda da nécora que se prolongara ata o un de xullo

    RIBEIRA> Dende este mércores non se poderá capturar nécora en toda Galicia. Co comezo da veda que se prolongará ata o un de xullo péchase unha campaña na que se descargaron máis de cento cinco toneladas desta especie nas lonxas galegas. A facturación ascende a un coma sete millóns de euros. A tan prezada nécora galega non volverá estar presente nos mercados ata o mes de xullo. Este mércores comeza a veda desta especie e tamén do Santiaguiño que non se volverá pescar ata outubro. Segundo os datos que manexa a Consellería do Mar, descargáronse nas lonxas galegas un total de cento cinco toneladas de nécora ó longo da campaña que pecha cunha facturación dun coma sete millóns de euros. Estas cifras, sen embargo, non satisfacen ós produtores nin ós vendedores que consideran que a campaña non cumpriu as súas expectativas. O mal tempo fixo que a nécora apenas tivera presenza nos mercados durante o Nadal, unha das épocas de maior saída. A escaseza motivou unha suba nos prezos que chegaron a cotizar moito máis alto que en anos anteriores. As cifras do santiaguiño, máis modestas, deixan ó redor de cincocentos corenta quilos descargados cun valor superior ós trinta e seis mil euros.