O PRUX das Illas Atlánticas establece cupos de visitantes nos catro arquipélgagos

RIBEIRA> A Conselleira de Medio Ambiente presentou en Ribeira o Plan Reitor de Usos e Xestión das Illas Atlánticas. O documento establece unha serie de medidas encamiñadas a garantir a conservación do patrimonio natural e promover o turismo sostible.

O novo plan, que estará vixente ó longo dos próximos dez anos, establece cupos de visitantes para os catro arquipélagos que integran o parque nacional.

Ademais da promoción dun turismo sostible, o plan establece unha zonificación non só a nivel horizontal senón tamén vertical co fin de preservar o fondo mariño e os recursos pesqueiros.

Trátase dun plan ambicioso, que implicará un investimento anual de 2,6 millóns de euros e froito do diálogo entre as distintas entidades e sectores con implicación nas illas. Durante o acto celebrado en Ribeira, a Conselleira fixo entrega á presidenta de AMICOS dun diploma acreditativo da súa colaboración nas tarefas de limpeza e conservación de Sálvora.