Rianxo e Boiro postúlanse para acoller as novas residencias por parellas anunciadas pola Xunta

RIANXO> Os concellos de Boiro e Rianxo inician unha nova colaboración en materia social coa proposta á Xunta de dúas residencias nos municipios. Responden así ó anuncio do gfoberno autonómico de construír residencias por parellas en concellos limítrofes de menos de 50 mil habitantes.

Os alcaldes de Boiro e Rianxo recolleron o guante tralo anuncio do presidente da Xunta no debate do estado de autonomía de construír 24 residencias por parellas en concellos de menos de 50 mil habitantes. Dado que os municipios reúnen estes requisitos e xa tiñan proxectos avanzados para estes equipamentos solicitaron xa unha xuntanza con Alfonso Rueda para trasladarlle a súa proposta e poñer a disposición os terreos.

En Boiro, estaría dispoñible unha parcela de máis de 6000 metros cadrados no Plan Parcial de Barraña. Conta ademais cun anteproxecto que tería que ser actualizado posto que data de 2022.

A proposta de Rianxo pasaría por construír esta residencia na zona de Rianxiño, xunto a outros equipamentos sociais como o centro de día ou a residencia proxectada pola Deputación da Coruña.

A residencia de Boiro contaría con 120 prazas e a de Rianxo con 30. Na actualidade, ningún dos municipios conta con este servizo. Suman unha poboación de 30 mil habitantes e presentan unha alta demanda de prazas residencias.