Boiro, sede da Gala Anual do Piragüismo Galego

BOIRO> A cita, organizada polo Náutico Boiro Piragüismo Rías Baixas, en colaboración coa propia Federación Galega, terá lugar este sábado no salón de actos da casa da cultura da Cachada. Na gala deste próximo sábado en Boiro premiaranse ós mellores deportistas tanto masculino coma feminino, ó mellor club, así como tamén a outras entidades ou empresas que destacaron pola súa axuda a este deporte . Entre os premiados figuran Óscar Carrega e Rodrigo Germade, os dous integrantes do K-4 español que logrou xa a súa clasificación para Río 2016, coma mellores deportistas masculinos, Teresa Portela do Club de Mar Ría de Aldán como mellor deportista feminina ou o kayak Tudense que se erixiu coma o mellor club do pasado ano. En canto ó resto de galardóns destaca tamén o de Elena Naveiro, do Club Breogán do Grove, premio á superación deportiva ou o de Daniel Brage coma mellor adestrador, Roi Rodríguez, mellor deportista promesa masculino ou Camila Morrison, mellor deportista promesa femenina. Aproveitarase tamén este acto para outorgar un premio especial a David Cal, pola súa traxectoria deportiva, e a Eduardo Sousa, recentemente falecido, polo seu labor en prol do piragüismo. A gala ten previsto o seu comezo para ás sete da tarde.