13 marcas participarán na IV Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira

RIBEIRA> Un total de 13 firmas participarán na Feira do Vehículo Híbrido e Eléctrico que se celebrará entre o 16 e o 18 de xuño en Ribeira. O evento, iniciado en 2019, foi sumando marcas ata converterse nunha cita de referencia a nivel autonómico.

Nesta cuarta edición, a feira do automóbil híbrido e eléctrico consolidouse xa como unha cita de referencia en toda Galicia. Comezou timidamente en 2019 coa colaboración de 7 marcas chegando na actualidade a un total de 13 casas que exhibirán os últimos modelos do mercado.

A Feira desenvolverase na praza de España dende o venres 16 ó domingo 18, en horario de dez a oito. Ademais dun escaparate para as marca do sector da automoción, a cita converterase tamén nun factor de dinamización do comercio e hostalería locais.

O concello colabora, como xa vén facendo dende a primeira edición, coa organización desta feira que este ano suma tamén o patrocinio da Consellería de Economía da Xunta de Galicia.