BOIRO> O goberno boirense mandou unha mensaxe de tranquilidade ós veciños.
Para o concelleiro de Facenda, Luís Ruíz, a oposición está a alarmar á veciñanza nas súas críticas pola suba do IBI.
Segundo el a situación económica do Concello é boa, progresa axeitadamente.
Ruíz referiuse tamén a que a media de suba para o 90% dos recibos é de tan só 41 euros, en moitos casos por debaixo da media na maioría de concellos galegos.
Por esta razón, Luís Ruíz defendeu a modificación, da ordenanza que regula o catastro e subir así o tipo de gravame do 0’4% ó 0’5%.
Segundo el, atende á capacidade que ten o Concello de poder seguir medrando.











