Arousa Norte, diversidade accesible a todos

    A Mancomunidade Arousa Norte tamén tivo o seu espazo na Feira Internacional de Turismo e no stand galego presentou a oferta turística do seu destino do que quixeron destacar a súa variedade territorial, a súa gastronomía e industria, a accesibilidade dos seus servizos e a súas xentes.

     

    Arousa Norte, destino de beleza natural e biodiversidade presentábase no espazo expositivo de Galicia como un lugar idóneo para visitar polas súas ribeiras, illas como a de sálvora, as dunas móbiles máis importantes de europa, o seu parque nacional e zonas máis de interior como a Serra do Barbanza. Pero que non só na súa natureza ten o seu principal atractivo senón que tamén da a posibilidade de practicar todo tipo de deportes e coñecer a importante riqueza ornitolóxica da mancomunidade.

    Que dende o seu territorio se poidan observar todas as Rías Baixas e a Costa da Morte non e froito dunha casualidade, o mar está moi ligado a esta terra e, sobre todo, as súas xentes.

    Importante presenza tivo na súa presentación a Confederación Estatal de Persoas Xordas que coa súa presidenta á cabeza puido dar a coñecer a súa experiencia vacacional nunha paraxe como a Mancomunidade de Arousa Norte, pola que pasaron máis 100 persoas da mesma durante 2015.

    O Presidente da Mancomunidade quixo lembrar que Arousa Norte é un destino vive e diferente que ten moito que dicir no turismo nacional e internacional.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/22/mancomunidade_arousanorte_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/22/mancomunidade_arousanorte_fitur.mp4{/flowplayer}