Éxito na chegada de turismo neste verán nas Rías Baixas

Pontevedra>  A chegada de turismo neste verán aumentou un 31 por cento nas Rías Baixas en relación ao pasado ano. Tal e como afirmou esta mañá a presidenta da Deputación trátanse dos mellores datos para provincia dende hai 17 anos. Uns resultados que Silva calificou de extraordinarios e que permiten que o sector poida asegurar o seu futuro. 

 

A presidenta da Deputación deu a coñecer esta mañá os datos que o turismo deixou na nosa provincia no mes de setembro e no cómputo xeral de todo o verán. 

En primeiro termo no mes de setembro a provincia contou cunha ocupación  do 73,4 por cento. 

Xa por comarcas o Salnés contou cunha ocupación en setembro do 70 por cento, Pontevedra do 82 e Caldas do 88. 

Un mes de setembro que a presidenta da deputación calificou de magnífico ao igual que os datos de turismo que nos deixan  na provincia os meses de xuño, xullo, agosto e setembro chegando a unha ocupación do 78.15 por cento na provincia. O Salnés acadou unha ocupación neste verán do 81.5 por cento, Pontevedra do 76 e Caldas do 83. 

Con estes resultados do turismo sobre a mesa a presidenta da Deputación ten claro que se trata do mellor verán dos últimos 17 anos en canto a ocupación se refire. As rías baixas conseguiron un aumento no sector turístico do 31 por cento en relación ao 2015. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/datos_turismo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/datos_turismo.mp4{/flowplayer}