PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia anima á cidadanía a realizar os trámites relacionados coa covid19 dende algún dos puntos de atención administrativa que ten despregados en toda a comunidade. Actualmente na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés funcionan nove, que dende a súa posta en marcha xa imprimiron 11.000 certificacións covid e realizaron 2.000 altas no servizo E-saúde. O vicepresidente autonómico visitou esta mañá un deles, o instalado no edificio que a Xunta ten en Benito Corbal, en Pontevedra.
En menos de cinco minutos dende calquera destes puntos de atención podemos realizar calquera trámite administrativo relacionado coa covid19.
Tamén no caso das persoas que están na zona por vacacións, pero que non teñen tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés funcionan actualmente nove puntos: Pontevedra, Vilagarcía, Bueu, Marín, Caldas, Cambados, Vilanova, O Grove e Sanxenxo. Dende a súa posta en marcha xa imprimiron 11.000 certificacións covid e realizaron 2.000 altas no servizo E-Saúde.
Hoxe visitaron o punto de atención administrativa situado no edificio que a Xunta ten en Benito Corbal, en Pontevedra, con acceso dende a rúa Javier Puig. Aquí xa se atenderon máis de 1.700 consultas.
Os puntos de Pontevedra e de Vilagarcía, situado na sala de exposicións do Auditorio Municipal, continuarán abertos. Agora o Sergas analiza o volumen de traballo dos outros sete que funcionan na área, para decidir se pechalos despois da época forte do verán.