Os ‘Aires de Dorna’ encherán o auditorio de Ribeira

    RIBEIRA> Unha vintena de bailaríns subiranse este domingo ó escenario no festival de Aires de Dorna de Ribeira. Os asistentes poderán desfrutar das últimas coreografías deste mítico grupo ribeirense que conta xa con máis de trinta décadas de traxectoria ás súas costas. O auditorio municipal de Ribeira quedará pequeno este domingo para acoller ó numeroso público que, de seguro, asistirá ó festival de Aires de Dorna. O espectáculo, no que actuarán ó redor de vinte e cinco alumnos, fará un repaso pola traxectoria do grupo ó longo dos últimos catro anos cun bloque final no que se presentarán as últimas coreografías caracterizadas por experimentar co movemento. Precisamente, a presidenta da asociación das amas de casa de Ribeira gabou o labor do director da agrupación que dende que collera as rendas ten contribuído a incrementar o número de alumnos que rolda o medio cento. A concelleira de cultura convidou a tódolos ribeirenses a achegarse este domingo a partir das oito da tarde ó auditorio municipal. Alí deleitaranse cun espectáculo, en palabras do seu director, redondo, alegre, cheo de luz e con sabor a terra que ofrecerá o estilo tradicional de Aires de Dorna cunha nova visión.