A Asociación Vaipolorío recolleu preto de 700 kg de lixo no río Gafos

PONTEVEDRA> A Asociación Vaipolorío continuará esta fin de semana coa súa campaña de limpeza no Gafos. Unha campaña que leva xa 19 edicións e que cada ano sorprende coa cantidade de lixo que se recolle no leito do río. En total, ao longo deste ano o colectivo pontevedrés conseguiu retirar case 700 kg de residuos.

As condicións do río Gafos melloraron moito nos últimos anos. Sen embargo, a cidadanía parece que segue sen estar plenamente concienciada da importancia de coidar o medio ambiente. Senón que llo digan á Asociación Vaipolorío que, tras 19 anos traballando na súa campaña de limpeza, nos últimos meses recolleron arredor de 700 kg de lixo.

Atrás quedan as épocas nas que Vaipolorío se encontraba no Gafos electrodomésticos abandonados. Sen embargo, a variedade de lixo que conseguen atopar no leito do río segue sorprendendo. Dende plásticos e roupa ata, incluso, unha roda de tractor.

A Asociación Vaipolorío pide ás administracións que sigan traballando para sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de manter limpos os espazos naturais.

A próxima cita para colaborar na campaña de limpeza no río será este domingo, a partires dás 10:00 horas. Vaipolorío pide á colaboración da cidadanía neste tipo de xornadas e, sobre todo, da xente máis moza, porque…