O pleno da Deputación aproba o contrato para a conservación de estradas provinciais

Pontevedra> Pleno ordinario na Deputación. Unha cita onde tomaron posesión do seu cargo os catro novos deputados do PP que estarán nas bancadas populares ata o remate da lexistatura. Sobre a mesa, o expediente para a contratación do Servizo de Conservación da Rede Viaria provincial, un contrato que o PP cualifica como a maior privatización da historia no mantemento das estradas. No pleno ordinario da Deputación de Pontevedra hoxe tomaron posesión do seu cargo Jorge Canda, José Fervenza, Santiago Rodríguez e María Belén Villar, os catro deputados do PP ocuparán as bancadas populares ata finais desta lexislatura. Neste pleno houbo varios asuntos sobre a mesa, un dos primeiros a aprobación do expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do Servizo de Conservación da Rede Viaria da Deputación. Unha medida que Uxío Benítez dixo que permitirá garantir a admisión máis rápida os contratos anuais. Trátase dun contrato anual de preto de 4 millóns de euros. Dende o PP criticaron duramente este contrato ao que cualificaron como a maior privatización da historia no mantemento das estradas provinciais. Dende o PSOE pola súa banda dixéronlle ao PP que eles, polo Bipartito, teñen outra maneira de traballar, e que o fin deste contrato é o de chegar a todos os concellos da provincia independentemente da súa cor política. Un pleno onde tamén se aprobou a moción do PP, co apoio do PSOE, unha moción que tiña como fin apoiar ás forzas e corpos de seguridade do Estado como garantes do Estado de Dereito.