A Policía publica unha serie de recomendacións para evitar estafas relacionadas co coronavirus

BARBANZA> Ademais de ser o colectivo máis vulnerable a nivel sanitario, as persoas maiores corren o risco de sufrir fraudes relacionadas co coronavirus. Por esta razón, a Policía Nacional publica unha serie de recomendacións para evitar ser vítimas dalgunha estafa.

Aconsellan non permitir o acceso ó domicilio de persoal ou servizos non solicitados aínda que aleguen ser médicos ou persoal de empresas subministradoras.  Hai que desconfiar tamén de todo aquel que ofrece remedios milagrosos contra o coronavirus lembrando que as medidas hixiénicas e de distanciamento social son as máis efectivas para evitar contaxios.

Tampouco deben facilitar datos persoais ou bancarios a través do teléfono. Precisamente, en relación ós bancos, son varias as entidades que adiantaron xa o cobro das pensións antes de fin de mes para evitar a aglomeración de persoal de risco nas súas oficinas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí