O mal tempo condiciona a reapertura da campaña en Noia

    NOIA>Os mariscadores de Noia volveron ó traballo nunha xornada desigual. Foron poucos os que conseguiron acadar os topes aínda que moitos recoñeceron que o reinicio de campaña está a ser mellor do agardado. Nunha xornada marcada pola alerta vermella na costa, os mariscadores de Noia retomaban a actividade tralo descanso habitual que segue á campaña de Nadal. Sen dúbida o temporal condicionou a volta ó traballo na que poucos conseguir apañar os topes de vinte e cinco quilos de berberecho para os mariscadores de a pé e corenta para os de a flote. Houbo quen tivo máis sorte e volveu a terra co cupo ou quen foi máis optimista e valorou positivamente a xornada ó coller máis marisco do que agardaban. En canto á calidade, a estas alturas da campaña apenas se pode falar de berberecho de primeira pero si moito de terceira e cuarta. Así as cousas, os mariscadores poderán ir faenando ó longo de todo o mes de febreiro e, en función do avance das cotizacións, decidirán se pechan ou a campaña se prolonga ata o mes de marzo.