‘Influencers locais’ promocionará a Ruta de Tapas Barbanza Arousa

BOIRO> A Mancomunidade Barbanza Arousa celebrará durante o mes de novembro a novena edición da súa Ruta de Tapas. Participarán nesta cita, xa consolidada nos catro concellos da comarca, máis de 40 establecementos hostaleiros que ofrecerán as súas propostas gastronómicas a uns 500 clientes. 

Máis de 40 establecementos participarán na Ruta de Tapas Barbanza Arousa que incorpora, nesta novena edición, importantes novidades. Unha dela son os influencers locais que apadriñarán a ruta coa promoción do evento nas redes sociais e nas propias actividades que se desenvolvan en cada un dos concellos.

A ruta incorpora ademais este ano uns rascas para votar que favorecerán a mobilidade entre os distintos locais e mesmo concellos participantes.

Nesta novena edición, a ruta Barbanza Arousa consolidouse xa como un referente para a promoción non só da gastronomía local e dos viños da IXP Viños da Terra do Barbanza e Iria senón tamén do territorio favorecendo o turismo de proximidade.

Desenvolveranse durante tódolos fins de semana de novembro comezando este próximo en Rianxo, seguindo con Boiro e Ribeira e pechando na Pobra o 26 e novembro.