Nova edición de EDUGAL do 17 ao 19 de febreiro

PONTEVEDRA> Volve a Pontevedra EDUGAL. O Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia abrirá as súas portas este mércores 17 e ata o venres 19 todos os interesados poderán atopar alí a información necesaria para decidir que saída formativa escollen aqueles que rematan o bacharelato ou a Educación Secundaria.

Despois das 9.000 persoas que o visitaron en 2015, chega a Pontevedra a quinta edición de EDUGAL, o Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia. Aberto ao público dende este mércores 17 ata o venres 19, os que se acheguen ao recinto feiral de Pontevedra poderán atopar charlas informativas, demostracións e todo o que necesitan saber para decidir que estudar nun futuro.

Como novidade este ano o programa incluirá concertos realizados polo Conservatorio de Música Manuel Quiroga e demostracións culinarias a cargo do Centro de FP Carlos Oroza.

Como en anos anteriores, no recinto feiral concentrarase unhas 40 casetas dos diferentes centros de estudos e as xornadas técnicas e de orientación. Este ano, ademais dos clásicos, como a universidade de Vigo, Santiago e A Coruña tamén amosarán a súa oferta educativa escolas de arquitectura, audiovisuais, enxenería robótica, bioconstrución ou perruquería.

Este ano tamén cobran protagonismo as empresas que tamén estarán presentes no Edugal para poder contactar cos centros e asçi crear uns programas de prácticas dentro da formación dos alumnos.

Os organizadores xa convocaron a todos os centros educativos da provincia e anímanos a participar nas actividades que inclúen unha visita guiada polo campus de Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/15/edugal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/15/edugal.mp4{/flowplayer}