A camelia galega en China

PONTEVEDRA> Representación pontevedresa no Congreso Internacional da Camelia que se vai a celebrar en Dali, China, o vindeiro 20 de febreiro. Dúas investigadoras da Estación Fitopatolóxica de Areeiro participarán como ponentes para achegar os últimos estudos sobre esta planta.

 

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro participará na vindeira edición do Congreso Internacional da Camelia que se celebra do 20 ao 26 deste mes en Dali, China. 

As investigadoras participarán en catro ponencias: as camelias centenarias de Lourizán, os 50 anos de exposición da camelia Rías Baixas (España é o único país que leva realizando tantos anos de forma ininterrumpida unha exposición coma esta), o mantón de Manila que orixinalmente levaba bordadas as camelias, e a eficacia dos residuos de sementes da Camelia como insecticida.

Ademais participarán nas reunións do grupo de conservación de camelias históricas e presentarán dúas candidaturas pontevedresas aos xardíns de excelencia: Soutomaior e Rubianes.

Fóra do congreso, hai que lembrar que a Estación Fitopatolóxica é a única institución a nivel europeo que se dedica a crear aceite de camelia, cun resultado altamente superior ao que se pode sacar do aceite de oliva.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/15/camelia_areeiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/15/camelia_areeiro.mp4{/flowplayer}