PONTEVEDRA> Tras 35 anos de traballo, a asociación Down Pontevedra Xuntos tense convertido en todo un referente no apoio ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Actualmente, dende as súas instalacións na rúa do Gorgullón, en Pontevedra, atenden a máis de 120 persoas. Nos últimos tempos desenvolven un programa pioneiro en Galicia para afrontar o envellecemento dos seus usuarios.
Atender ás persoas con síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais de cara ao seu envellecemento. É o obxectivo dun programa pioneiro en Galicia que está a desenvolver a asociación Down Pontevedra Xuntos.
Un traballo que tamén se dirixe a preparar aos usuarios de cara a un posible escenario, no que precisen ingresar en residencias para garantir os seus coidados.
Este programa é un dos eixos de actuación da asociación. Down Pontevedra Xuntos traballa tamén no ámbito educativo, con profesionais da entidade en contacto permanente cos orientadores dos colexios onde están os rapaces, e no eido laboral.
Dende o ano 1991 no que foi constituída, a asociación non parou de medrar. Actualmente dende as súas instalacións na rúa do Gorgullón atenden a máis de 120 usuarios.
Esta sede pontevedresa recibiu hoxe a visita do alcalde. Miguel Anxo Fernández Lores destacou o esforzo de Down Pontevedra Xuntos na integración laboral, a formación e o ocio.
Actualmente, a asociación conta cun equipo integrado por 17 profesionais.











