PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra reclama a dimisión do concelleiro de obras da cidade. A formación denuncia que hai máis de vinte obras e proxectos que non están a cumprir os prazos fixados. Uns atrasos que están a xerar sobrecustos ás arcas públicas pontevedresas.
Para o Partido Popular de Pontevedra, o concelleiro de Obras da cidade debe dimitir. A formación sinala a Demetrio Gómez como o primeiro responsable dos atrasos e incumprimentos que se están a dar en máis de vinte obras e proxectos municipais.
O edil popular fixo unha listaxe dalgunhas das obras que están nesta situación. A primeira, a reforma de Loureiro Crespo e O Castañal. Un proxecto que comezou a executarse en maio de 2020.
As reformas do parque de bombeiros, do edificio do Centro Sur e do Centro de Información á Muller, así como a renovación do alumeado de varias parroquias pontevedresas, son outras das actuacións que sofren retrasos. Tamén os proxectos do campo de fútbol da Xunqueira, do de Ponte Sampaio ou o de Salcedo.
Fernández tamén se referiu a outas actuacións que aínda non se comezaron, como o skatepark de Raíña Vitoria, a planta de compostaxe da Canicouva, o destape do río Gafos ou a reforma da praza de Barcelos.