MUROS> O concello de Muros vén de publicar a listaxe definitiva das empresas e autónomos beneficiarias do PEL-Reactiva da Deputación da Coruña. O importa total das axudas ascende a uns 101 mil euros e o número de empresas beneficiarias é de 48.
O concello de Muros vén de facer pública a resolución das axudas a pemes e autónomos con cargo ó PEL-Reactiva da Deputación da Coruña. En total serán 48 as empresas beneficiarias, para as que se abre agora o prazo de xustificación.
Dende o Concello optouse tamén por abrir unha convocatoria de axudas de carácter municipal para o que se destinou unha partida duns 50 mil euros que está tamén pendente de resolver.
As empresas dispoñen ata finais deste mes de marzo para presentar a documentación xustificativa.