Éxito nas excavacións arqueolóxicas de San Sadurniño co descubrimento de tres estructuras

CAMBADOS> As escavacións arqueolóxica na illa de San Sadurniño xa mostran resultados abraiantes. As tres sondaxes realizadas deixan ao descubertos restos de antigas estruturas. Os arqueólogos continúan estudando para situar cronoloxicamente os restos atopados en Cambados.

A primeira semana de escavacións arqueolóxicas no illote de San Sadurniño xa amosan resultados sorprendentes. As tres sondaxes realizadas deixan ao descuberto os restos de antigas estruturas. A que máis chama a atención é a número dous.

Nas outras dúas sondaxes tamén atoparon outras estruturas diferentes ademais de varios materiais.

O proxecto das sondaxes arqueolóxicas intégrase nun proxecto máis amplo de posta en valor e divulgación da historia da illa e da súa torre, apoiada no libro de Sindo Mosteiro, A Torre e a sombra.

Para o concello de Cambados estas escavacións son importantes para coñecer a historia de Cambados e poñer en valor o seu patrimonio.

A sondaxe dous é a que máis interese esperta entre os arqueólogos. O equipo encargado dos traballos xa enviou unha solicitude a patrimonio para ampliar o terreo de estudio desta cata. Dende o concello estudarán a posibilidade de continuar cos estudos arqueolóxicos na illa para descubrir todo a historia que nela se atopa.