Poio acende os seus fogóns para preparar 2.000 racións de callos

POIO> Poio acende os seus fogóns para a décimo-segunda edición da festa dos callos. A cita gastronómica terá lugar este vindeiro domingo, na Alameda da Seca. Este ano, a organización conta con repartir máis racións cá na pasada edición: contan con preparar uns dous mil pratos.

A receita é todo un clásico e o seu éxito é indiscutible: os callos gustan a pequenos e maiores e iso sábeno moi ben en Poio. A localidade acolle o vindeiro domingo a súa xa tradición Festa dos Callos, que este ano celebra a súa décimo segunda edición. Desta volta, a organización, que corre a cargo da Asociación de Veciños Boureante, agarda recibir a máis público e por iso incrementa a cantidade de racións que van preparar: contan con repartir 2.000 pratos.

O equipo de 25 persoas que vai preparar este manxar terá que facerlle fronte á preparación de 250 quilos de garavanzos. En canto ó miolo dos callos, atendan ó dato. O segredo para facerlle fronte a tan copiosa preparación é, segundo nos contan, guiarse pola receita tradicional, elaborando os callos dun xeito artesanal, como se fixo toda a vida.

Ademais dos callos, a Festa tamén ofrecerá polbo, empanada e mesmo doces. Todo isto, acompañado polo ritmo das gaitas, que amenizarán o xantar. Dende O Concello de Poio, que colaboran no evento, celebran que esta cita sexa xa unha das imprescindibles no calendario festeiro da localidade.

Cada ración de callos, como ven abondosa, terá un prezo de seis euros.