OUTES> A Xunta de Galicia investiu máis de 200 mil euros en seis establecementos hostaleiros do Barbanza para mellorar os seus equipamentos. Estas axudas enmárcanse na liña de subvencións post covid para facer fornte ás necesidades xurdidas trala pandemia.
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña visitou o hotel Atmos, en Outes,un dos beneficiarios da orde de axudas para equipamentos post covid que lle permitiu mellorar os sistemas domóticos e renovar os controis de acceso.
Xunto a este hotel, outros cinco establecementos hostaleiros do Barbanza recibiron subvencións por valor total de 207 mil euros orientadas á adquisición de medidores de calidade do aire, redes de control de acceso e aforos, infraestruturas de ventilación ou cartelería entre outras.
A liña de axudas foi posta en marcha o pasado ano no marco das medidas impulsadas pola Xunta para apoiar ó tecido empresarial galego trala pandemia.