NOIA> Ecoloxistas en Acción convoca unha concentración para o 1 de febreiro ás portas do Xulgado de Noia. Mobilizaranse coincidindo coa declaración dos responsables da empresa mineira de San Finx, prevista para as 10 da mañá.
O Xulgado de Instrución Número 2 de Noia chamou a declarar ós responsables de Tunsgten San Finx S.L, en calidade de investigados por presuntos delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente. A apertura de dilixencias penais evidenciou os altos niveis de concentración de metais pesados nas verteduras da minas, tal e como recollen os informes do SEPRONA e das organizacións ecoloxistas e confrarías personadas na causa.
Aproveitando a comparecencia do representantes da empresa, prevista para o próximo 1 de febreiro, membros de organizacións ecoloxistas e representantes do sector pesqueiro concentraranse ás portas do xulgado para demandar o selado das galerías así como a retirada dos residuos acumulados no río.
Reclaman ademais a a Augas de Galicia que impoña á empresa o pago do canon de control de verteduras cifrada en 30 millóns e euros para evitar a fuga da empresa como xa fixeran Sacyr e Pivotal Metals. Animjan á cidadanía a sumarse á protesta que dará comezo ás dez da mañá para defender o futuro da ría fronte ás continuas agresións medioambientais.