A Xunta avanza na Lei de Fomento da Mobilidade da Terra Produtiva

GALICIA> A Xunta de Galicia avanza na redacción da súa nova lei de fomento da mobilidade da terra produtiva. A norma vai dirixida tanto ao solo agrario como ao forestal, na procura de dar resposta a unha das grandes poblemáticas de Galicia: a falta de grandes extensións de terreo. Unhas dificultades que tamén sofren moitos viticultores e adegas.

Dende o goberno matizan que esta nova lei non será un ataque contra a propiedade privada. O que pretenden é facilitar o contacto entre os que precisan desta terra e os que a teñen pero non a están a traballar.

Entre os mecanismos que artellará esta nova norma, figura a creación de polígonos agrogandeiros e forestais Parcelas de terreo nas que toda a terra estea a ser explotada para os diferentes usos que a fagan produtiva.

Tamén mudará a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que se converterá na Axencia de Desenvolvemento Rural Sostible e Fomento da Mobilidade da Terra Produtiva. Un nome que xa é unha declaración de intencións de cal será o seu papel.

Estas son algunhas das pinceladas do que dará de si a norma na que traballa a Consellería do Medio Rural xunto a outros departamentos do goberno autonómico. Non en van, a redacción está a ser o resultado da escoita de máis de sesenta comparecentes de diferentes eidos durante seis meses.