PONTEVEDRA> A Confederación Española de Policía carga contra a decisión do concello de Pontevedra de instalar bolardos na rúa Peregrina. Consideran que impiden o paso de vehículos de emerxencia. Dende o goberno local defenden a medida, que ven necesaria, e recordan que é executivo local quen decide como se fai o tratamento do espazo público na cidade.
A Confederación Española de Policía considera alarmante a instalación de bolardos na rúa Peregrina. Asegura que impiden o paso dos vehículos de emerxencias e consideran a medida imprudente e temeraria. Vilaverde, pola súa banda, recordou que o paso de tráfico rodado por esta rúa xa estaba prohibido.
Así as cousas, a concelleira recordou que a instalación destes bolardos é unha medida temporal. A intención do goberno local é retiralos cando a cidadanía volva concienciarse de que non está permitido circular por esta zona.
A intención da Confederación é trasladar estes problemas á Subdelegación do Goberno co obxectivo de que se realice un estudo na procura dunha fórmula xurídica que impida estas decisións urbanísticas.