A FGCN recorda ao seu expresidente

    VILAGARCÍA> A Fundación Galega contra o Narcotráfico ultima os preparativos para a súa gala anual.

    Agardan que sexa un acto emotivo e especial, no que recordarán a figura do seu expresidente José Manuel Siso, que faleceu o mes de abril do ano pasado. El será un dos premiados, a título póstumo. A Fundación Galega contra o Narcotráfico tamén recoñecerá á xornalista de La Voz de Galicia, Susana Luaña, e á Asociación Ferrolana de Drogodependencias, Asfedro. Polo seu labor na loita contra o narcotráfico, a Fundación premiará a colaboración internacional recoñecendo á Axencia Nacional do Crime de Gran Bretaña e ao Fiscal Antidroga de Pontevedra, Luis Uriarte, ao que consideran clave no éxito de moitos operativos contra o tráfico de drogas. A gala celebrarase este venres no Salón García de Vilagarcía.