Fefiñáns, centro da polémica no cuatripartito

    CAMBADOS> Circular en coche pola praza de Fefiñáns, en Cambados estará prohibido dende o Xoves Santo ata o domingo seguinte. Unha medida que non sentou moi ben ao concelleiro de Turismo Xosé Ramón Abal, quen considera que non se tivo en conta a sua opinión, a pesar de atoparse dentro das suas competencias. Uunha decisión que podería precipitar unha ruptura de goberno.

     

    A decisión de pechar ao tráfico a praza de Fefiñans dende o Xoves Santo ata o domingo seguinte é o detonante dunha “crise de goberno” no concello de Cambados. O concelleiro de Cambados Pode, Xosé Ramón Abal, sentiuse desautorizado ao enterarse de que o portavoz do goberno, Xurxo Charlín e a alcaldesa Fátima Abal, anunciaran o peche do tráfico puntual na coñecida praza. 

    O anuncio de Charlín e da alcaldesa constitúe para Abal unha ruptura do acordo de goberno, xa que non peonalizar a Praza de Fefiñáns, a lo menos nesta lexislatura. Constitúe un dos puntos do acordo.

    Xosé Ramón Abal Varela atópase moi molesto cos seus compañeiros de cuatripartito, xa que según el o asunto non se abordou nunha reunión de goberno. Cabe recordar que ademáis da competencia de turismo, Abal Varela tamén é o concelleiro delegado de tráfico. 

    Dende o consistorio, o Tenente de Alcalde Víctor Caamaño asegurou a esta casa que espera que o tema quede nun mal entendido.

    O voto de Abal Varela foi o que decantou a balanza na investidura da alcaldesa, Fátima Abal, o pasado xuño. Agora só quedará esperar para ver como se resolve finalmente o asunto. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/03/peonalizacion_fefinans.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/03/peonalizacion_fefinans.mp4{/flowplayer}