Ribeira homenaxea ás peixeiras polo Día da Muller

    RIBEIRA> O concello de Ribeira homenaxeou ás vendedoras de peixe con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora. Cada ano se escolle a un colectivo profesional conformado maioritariamente por mulleres para recoñecer o seu labor. O salón de plenos de Ribeira quedouse pequeno para acoller ó gran número de pescantinas que viviron un día moi especial na homenaxe ofrecida polo concello de Ribeira a este colectivo. Nun emotivo acto, a corporación ribeirense quixo recoñecer o esforzo diario destas mulleres do mar que, día a día, traballan duro para sacar adiante o seu medio de vida. Algunhas en activo e outras xa xubiladas, todas foron pasando para recoller un diploma e un ramo de flores. Non faltou a música neste acto, a cargo do alumno do conservatorio Manuel Muíños, nin a poesía coa lectura dun poema escrito para a ocasión por Santiago Páramo ó que puxo voz Alicia Padín. Ó igual que o homenaxe ás peixeiras, o concello leva quince anos recoñecendo o labor de determinados colectivos profesionais neste día da muller, como as perruqueiras, enfermeiras ou amas de casa.