Noia volve ofrecer ós visitantes rutas turísticas polo casco antigo

    NOIA> Por quinto ano consecutivo, Noia Histórica ofertará visitas guiadas durante a Semana Santa. Trátase dun percorrido polos elementos patrimoniais do casco histórico da vila. As visitas son totalmente de balde polo que os interesados só teñen que presentarse antes da saída na oficina de turismo da praza do concello. A riqueza do patrimonio histórico artístico da vila levou a Noia Histórica a programar esta oferta de visitas guiadas que nos últimos cinco anos consolidouse xa como unha cita obrigada para os turistas que nestas datas festivas recalan na zona. A iniciativa, promovida por Noia Histórica, conta co apoio da Xunta e do concello que ve neste tipo de actividades un pulo dinamizador para un dos sectores claves do municipio como é o turismo.