O PP de Boiro esixe a execución do treito final do paseo de Coroño en terreos xa expropiados

BOIRO> O PP de Boiro denuncia a paralización da obra do paseo de Coroño que leva seis anos sen finalizar. Malia que os terreos para a construción da senda peonil foron expropiados, o proxecto non chegou a concluírse pola denuncia dun dos afectados.

O paseo fluvial polo estuario do Río Coroño leva seis anos sen finalizar a falla dun treito de apenas 20 metros. Os populares denuncian que a pesar de que se expropiaron os terreos afectados, a actuación quedou parada pola denuncia dun dos propietarios.

Dende o PP piden ó executivo local que  acometa o treito restante conforme ó proxecto orixinal.

Denuncian ademais os populares a instalación dun balado por parte dos propietarios para impedir o paso nun terreo que non é deles posto que xa foi expropiado e é de dominio público marítimo terrestre.