Cae unha póla de catro toneladas nos xardíns da alameda de Noia

NOIA> Operarios do concello de Noia retiraban esta mañá unha póla de magnolio de preto de catro toneladas caída nos xardíns Felipe de Castro. A pesar do gran peso e tamaño da rama, o incidente non causou danos persoais nin materiais.

O concello procedeu de inmediato a acordoar a zona por motivos de seguridade.  Á espera de recibir un informe para coñecer as causas do acontecido, todo apunta a que se debeu á avanzada idade da árbore e o peso da propia rama.

Agora, unha empresa especializada determinará o estado do magnolio e realizará actuacións de tratamento e poda para minimizar o risco de accidentes.

Dende a concellería de Parques e Xardíns apelan á responsabilidade da cidadanía para que non se salten a zona restrinxida mentres duren os traballos.