Os bombeiros de Pontevedra celebran o seu día

PONTEVEDRA> E hoxe non só é o día internacional da muller, o 8 de marzo tamén é o día dos bombeiros, que teñen a San Juan de Dios como patrón. O parque de Pontevedra quixo festexalo acompañado de outros corpos de seguridade do Estado para recoñecerlles a súa colaboración.

 

O 8 de marzo estableceuse en España como día dos bombeiros coincidindo co santoral do seu patrón, San Juan de Dios e como en moitos outros puntos do territorio, en Pontevedra tamén quixeron celebrar o seu día.

Nun acto sinxelo o corpo de bombeiros reuniu a representantes do goberno local, da subdelegación do goberno e dos distintos colectivos de seguridade do Estado cos seus 38 efectivos. 

Como ven sendo habitual os bombeiros pontevedreses quixeron recoñecer o labor das distintas forzas de seguridade que traballan man a man con eles nas diferentes actuacións que levan a cabo: este ano foi a quenda da policía nacional e a garda civil e xa de maneira persoal ao axente da policía local José Alberto Suárez Barros.

Previo ao viño español que se serviu tralo acto, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo expresar o orgulloso que se sentía do traballo que realizaban e lembrou a actuación que tiveron que levar a cabo hai pouco máis dun mes cando se producía un grave incendio no edificio que albergaba o emblemático establecemento La Moda Ideal de Pontevedra que remataba afortunadamente sen danos persoais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/08/dia_bombeiros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/08/dia_bombeiros.mp4{/flowplayer}