Catalina González Bea presentou os proxectos para O Revel

    catalina_100507__100.jpgSANXENXO > A candidata do PP a alcaldía de Sanxenxo, Catalina González Bea,  falou para Telesalnés dos proxectos

    …que hai para os 55.000 metros cadrados de O Revel en Villlonga. Un largo proceso de negociacións xa culminado que traerá de forma inminente novas e necesarias infraestructuras ó concello. Esta extensión do Revel sufrirá moitos cambios nos vindeiros meses. Os veciños do concello poderán gozar en breve dun centro sociocultural, un campo de fútbol, un centro de saúde, unha gardería e dun novo colexio.

    Estas son algunhas das iniciativas que, segundo a actual alcaldesa, pronto serán unha realidade na zona. Catalina González Bea, candidata á alcaldía de Sanxenxo ve así como chega o seu fin unha xestión que alongouse máis do desexado por parte do Concello.

    Catalina González Bea afirmou que esta semana se empeza có replanteo dos terreos e que todo está a punto para iniciar ás obras. A candidata apuntou que a gardería e o centro sociocultural e da terceira idade poderían inaugurarse nun prazo de quince meses. Estas dous infraestructuras teñen un orzamento de 2,7 millóns de euros. O centro sociocultural será o espacio perfecto para as relacións sociais mentres que a gardería disporá das instalacións para que os cativos de 0 a 3 anos poidan ter todo o que necesitan.

    As obras que xa comezaron son as do campo de fútbol. Cun orzamento preto dos 600.000 euros esta pista pretende dotar ó municipio de dos equipos necesarios para potenciar a vida deportiva. Este campo contará cun terreo de xogo de herba artificial cunhas medidas de 102×64. Unha grada para 300 espectadores , vestiarios e aparcamentos completan este proxecto. Esta obra esta cofinanciada coa Deputación. En definitiva, nos vindeiros meses o Revel transformarase nun dos núcleos de actividade mais importantes do concello.

    Redacción Salnés