Seguimento masivo da folga convocada polos técnicos de ambulancias

RIBEIRA> Os  traballadores do servizo de ambulancias, tanto de 061 como de transporte programado, a excepción daqueles que se viron obrigados a traballar para cumprir cos servizos mínimos, secundaron a folga convocada a partir deste venres en toda Galicia. O sábado protagonizaron manifestacións en diversos puntos da comunidade; unha delas ás portas do hospital do Barbanza onde reclamaron a aprobación do convenio colectivo do que carecen dende 2015.

Demandan ademais melloras no servizo, especialmente no que respecta ó estado das ambulancias.

Ante a falla de resposta tanto por parte do patronal e da Xunta de Galicia, o colectivo manterá as convocatorias de folga previstas nas próximas semanas.

De non haber avances na negociación, a convocatoria de folga tornarse en indefinida a partir do vinte de marzo.

Comments are closed.