Listo o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Todo preparado para a celebración do décimo sétimo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.  Este ano uns 5000 nenos participarán nas actividades programadas que teñen como protagonistas nesta ocasión aos BICHOS, protagonistas e personaxes típicos dos contos cos que tamén se nos quere concienciar acerca do respecto a todos.

 

A partir de hoxe a programación deseñada para o décimo sétimo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra estará na rúa a disposición de todos os cidadáns. Orbil, a mascota do salón, será a encargada de repartilos para que todos os nenos da cidade que queiran asistir decidan a cal dos 13 espectáculos ou das 320 actividades abertas ir primeiro.

O Salón abrirá as súas portas o 1 de abril e ata o 23 de abril, día do libro, poderase visitar no Pazo da Cultura.  Este ano leva o sobrenome de “Canta bichería” e está ambientado no libro “As peripecias de Extravaganzza Pérez” escrito de xeito exclusivo para o evento por Ledicia Costas. Os bichos, presentes en moita da literatura infantil, tamén formarán parte do salón e con eles intentarase inculcar o respecto a todos, que todos somos necesarios e cumprimos unha función.

Este ano ademais estableceuse unha colaboración coa ONCe que habilitou parte do espazo cunha exposición para persoas con dificultades visuais e con outros centros de diversidade funcional.

Con esta iniciativa Pontevedra quere convertese en capital da literatura e levar o amor pola lectura aos máis pequenos.

Orbil tamén se achegará ata o Hospital Provincial con lotes de libros para os nenos que estén hospitalizados e non poidan visitar o salón.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/17/ptac_salon_libro_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/17/ptac_salon_libro_ponte.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí