O concello de Boiro disporá de contedores de recollida de roupa para Cáritas

BOIRO> Cáritas Parroquial de Boiro disporá dun novo local no Cuartel Vello. Ademais da cesión das instalacións, o concello e a entidade emprenderán unha nova liña de colaboración coa instalación de contedores de recollida de roupa.

Con esta sinatura, o concello de Boiro e Cáritas Parroquial porán en marcha dúas novas liñas de colaboración. A máis inmediata será a colocación de contedores de recollida de roupa no municipio que xestionará a empresa Arroupa.

Boiro era o único concello do Barbanza que non dispoñía deste servizo que, ademais de dar saída ós residuos téxtiles, favorece a inserción laboral das persoas en risco de exclusión social.

O outro dos convenios terá como resultado a cesión dun novo local para Cáritas de Boiro. Nos próximos días iniciaranse os traballos de acondicionamento no antigo cuartel vello para dotar á entidade dunhas instalacións máis cómodas e funcionais.

 

Neste local, seguirán co seu labor non só de asistencia senón sobre todo de formación, co fin de proporcionar os medios para que as persoas poidan saír da pobreza

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí