Porto do Son primeiro concello en aplicar a Guía de Estudos da Paisaxe Urbana

PORTO DO SON> Porto do Son convértese no primeiro concello de costa de Galicia que aplicará a Guía de Estudos da Paisaxe Urbana. Esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde sonense, Luís Oujo, asinaban o convenio de colaboración que permitirá a posta en marcha de políticas activas que preserven as sinais de identidade do municipio.

Este é o momento no que a titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Luís Oujo, asinaban o protocolo de colaboración para a posta en valor da Guía de Estudos da Paisaxe Urbana, o sétimo traballo destas características que forma parte da Colección Paisaxe Galega. O concello sonense será o primeiro municipio do litoral no que se porá en marcha este modelo de traballo que busca a integración do modelo desta Guía nas posibles accións futuras que afecten ó territorio.

Segundo explicou o propio rexedor esta ferramenta permitiralle ó Concello seguir protexendo e conservando a seña de identidade do municipio, como é o seu territorio, de mar e montaña.

A proposta continúa a liña iniciada polo Goberno Galego dende hai máis de dez anos traballando na procura de ferramentas que garantan unha ordenación e un desenvolvemento paisaxístico respectuoso e sostible, para por en valor a identidade individual de cada recuncho de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí