NÓS, o 25-N máis cultural en Pontevedra

Pontevedra> O día contra a violencia de xénero chegará cargado de actividades en Pontevedra. No concello presentaron esta mañá a campaña Nós. Unha iniciativa mediante a cal, dende o 14 ao 22 de novembro, artistas da cidade protagonizarán obradoiros, concertos ou obras de teatro co fin de emponderar o papel da muller na sociedade actual. De cara ao 25 de novembro, o día contra a violencia de xénero, dende o Concello de Pontevedra presentaron esta mañá un programa de actividades culturais que terá lugar do 11 ao 22 de novembro, onde as mulleres serán as protagonistas. Ademais neste ano e en colaboración coa Deputación de Pontevedra tamén lanzan un concurso baixo o título A muller e o Patrimonio cultural. Un evento mediante o que se poderá utilizar a técnica libre e a proposta terá que estar relacionada co tema da xuntanza. O día 22 de novembro terá lugar no Teatro Principal a presentación de Invisibeis, un libro que recolle as testemuñas de 7 mulleres que sufriron maltratos. Dende a empresa que organiza todas estas actividades din que o fin das mesmas é o de emponderar o papel da muller na sociedade actual. A concelleira de Igualade dixo esta mañá que co CIM atende anualmente arredor de 700 mulleres ao ano, todas por violencia machista en distinta intensidade e grao.