A Valedora dá un prazo de trinta días ó concello de Ribeira para o uso correcto do topónimo

RIBEIRA> A Valedora do Pobo dá a razón ó BNG de Ribeira ante a queixa presentada en abril polo reiterado incumprimento da Lei de Normalización Lingüística no uso do topónimo. Advirte da ilegalidade do acordo plenario de 1984 que aprobou o uso con uve e insta ó concello a acatar a normativa lingüística vixente nun prazo de trinta días. A pesar de que os nacionalistas non pretenden xudicializar asuntos políticos, aluden á gravidade da colocación dos letreiros nas rotondas.  Din que estes feitos poderían derivar na inhabilitación do goberno por prevaricación e malversación de fondos públicos. Pola súa banda, dende o executivo xa iniciaron os contactos con estudosos da toponimia como Daniel bravo Cores u Xosé María Fernández Pazos para crear unha comisión que avalíe a evolución histórica do vocablo, tal  e como se aprobou en pleno o pasado mes de maio. En función do dictme desta comisión, propoñerán unha ou outra variante.