A Xunta mellorará a seguridade en varios treitos da AC-305

    BOIRO> A Conselleira de Infraestruturas visitou Boiro esta mañá para anunciar a licitación dunha serie de actuacións de mellora na estrada AC-305 ó seu paso por varios municipios barbanzáns. A actuación máis importante executarase na travesía de Boiro, cun trinta por cento do total dos seiscentos mil euros destinados a esta actuación. O proxecto que vén de saír a licitación contempla o reforzo de firme localizado na estrada comarcal que conecta Padrón con Ribeira. Actuarase en varios treitos que pertencen ós termos municipais de Ribeira, Rianxo, Dodro, Pobra e Boiro. Este último será o máis beneficiado con actuacións na Rúa principal, a Travesía de Escarabote e o tramo entre Ponte Beluso e Cespón. Paralelamente, o concello mellorará o alumeado en varios puntos da travesía para incrementar a seguridade viaria. Trala instalación de varios puntos de luz a modo de proba, nos próximos días dotarase á vía das farolas definitivas. A actuación acometida pola Xunta suporá na súa totalidade un investimento de preto de setecentos mil euros, dos cales máis do setenta por cento destinaranse a Boiro.O proxecto conta cun prazo máximo de execución de seis meses.