1.300 deportistas para o Campiontao de España de Orientación Deportiva a Pé

PONTEVEDRA> 1.300 deportistas participan esta Semana Santa no Campionato de España de Orientación Deportiva a Pé que terá a cidade de Pontevedra como centro neurálxico.

O Club Montañeiros A Roelo pecha estes días os últimos detalles da competición que dará comezo este xoves 24 e que rematará o domingo 27. Nesa primeira xornada os participantes afrontarán o Model Event, unha carreira non puntuable que serve de adestramento. A competición comeza o venres coa carreira de longa distancia no monte de Moscoso en Pazos de Borbén a partir das 9 da mañá e a de O-Precisión, pensada para que os atletas paralímpicos compitan en igualdade de condicións, dende as 2 e media da tarde no Lago de Castiñeiras. O Sábado: competición por remudas no monte Acibal de Moraña e carreira rápida no centro histórico de Pontevedra. Remata o domingo coa carreira de media distancia no monte Siradella do Grove.