O concello busca optimizar o potencial turístico do Faro de Corrubedo

    RIBEIRA> O concello de Ribeira busca optimizar o aproveitamento turístico do Faro de Corrubedo e a súa contorna. Con este fin, o alcalde, Manuel Ruíz, mantivo unha xuntanza coa presidenta da autoridade portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco. A intención do ente portuario é outorgar unha concesión de dominio público sobre o conxunto do faro e construcións anexas para dar cabida a usos complementarios orientados ó turismo. Convocarase un concurso público para que os interesados presenten as súas ofertas para a implantación de establecementos de restauración ou hostaleiros. O edificio principal manterá a súa función principal de sinal marítimo e axuda á navegación.