RIANXO> O PSOE rianxeiro rexeita de forma enérxica a actitude do alcalde, Julián Bustelo, tras o anuncio de someterse a unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos.
Para os socialistas esta postura indica as claras a súa falta de diálogo e o escaso interese en chegar a acordos que beneficien ós veciños, a sabendas que necesitan dunha maioría.
Aínda así din que non promoverán unha moción de censura que aparte a Rianxo en Común da alcaldía.
Dende as filas socialistas volven a tender a man ó equipo de goberno, xa que segundo eles, a única opción posible para saír adiante desta situación é a través do diálogo e a participación activa de tódolos actores implicados, deixando atrás egos e posturas partidistas en beneficio de todos.











