O Concello continúa co despregue dos composteiros individuais nas parroquias de Tomeza e Salcedo

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra continúa co despregue dos composteiros individuais no rural. A primeira fase deste proceso está enfocada na parroquia de Tomeza. Nesta zona está previsto comezar co reparto porta a porta para a vindeira semana. Ademais, e co obxectivo de seguir fomentando este modelo de xestión de residuos, o goberno municipal, convocará tamén charlas informativas para os veciños de Salcedo.

Continúa o despregue de composteiros individuais no rural. O goberno municipal ten previsto iniciar o reparto porta a porta destes módulos na parroquia de Tomeza para a vindeira semana. Un proceso gratuíto e que de momento, é voluntario.

A segunda fase deste despregue de composteiros individuais estará centrada na parroquia de Salcedo. Alí, o Concello levará a cabo 4 charlas. A primeira será mañá e está convocada para os veciños da Armada, Birrete, Esculca e Nabalexo. O luns 16 para os da Carballa e da Cancela, o martes 17 para a do Carramal e o mércores 18 para a do Campo da Porta, a Muimenta, o Casal, a Costa e o Cruceiro. Todas elas terán lugar na Casa Verde ás 20:00 horas.

Unha vez rematada a segunda fase de Salcedo, o goberno municipal continuará a traballar na parroquia de Campañó. Malia que esta iniciativa é voluntaria, segundo anunciou esta mañá o edil Alberto Oubiña, nun futuro podería chegar a converterse en obrigatoria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí