Nace a Asociación Deportiva Meeting Rías Baixas

PONTEVEDRA> Mañá presentase oficialmente unha nova asociación deportiva en Pontevedra. A Asociación Meeting Rías Baixas pretende facilitar a vida dos atletas facendo de mediadora entre eles e as competicións, os patrocinadores ou casas comerciais de material.

 

Mellorar e impulsar o atletismo galego é o fin da Asociación Deportiva Meeting Rías Baixas, que ten como representantes a figuras do atletismo pontevedrés como Gonzalo Méndez, Raúl Bretal e David Ferrer. Unha asociación que pretende innovar na maneira de facer as cousas.

A Asociación procura facerlle máis doada a vida aos atletas con diferentes axudas para que non teñen que preocuparse tanto e poidan dedicarse a competir e así dar un pulo ao atletismo galego.

A presentación pública será mañá xoves ás 8 da tarde no Hotel Rías Bajas de Pontevedra cunha charla-coloquio na que participarán persoeiros como David Gómez ou Solange Pereira.

A primeira actividade que desenrolará esta asociación é o Meeting Rías Baixas que se celebrará o 28 de xullo e na que participará Ruth Beitía, tan só tres días antes de representar a España nos xogos de Río 2016.

Tamén están planeando unha liga municipal ou intercomarcal entre institutos coa que fomentar o deporte na secundaria, a idade máis importante para comezar a facer deporte de forma profesional segundo Méndez.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/23/ptac_asociacion_rias_baixas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/23/ptac_asociacion_rias_baixas.mp4{/flowplayer}