A glorieta de acceso ao centro Príncipe Felipe estará lista neste ano

Pontevedra> O vicepresidente da Deputación visitou esta mañá as obras da nova rotonda de acceso á cidade infantil Príncipe Felipe. Uns traballos que estarán rematados neste 2018 e que serán, segundo Mosquera, a mellor solución para mellorar os problemas de mobilidade deste centro e da súa contorna.

A finais deste ano estará finaliza a glorieta de acceso á cidade infantil Principe Felipe. Unhas obras que xa están en marcha e que esta mesma mañá visitou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, a deputada delegada deste Centro e o concelleiro de obras da cidade. Unha rotonda que conseguirá mellorar a mobilidade por esta zona da capital do Lérez por onde pasan a diario en torno a unhas mil persoas.

Estes traballo levan un mes de obras, e contan cun prazo de execución de 6, o que significa que en 5 meses debería de estar rematada esta glorieta tan necesaria para o Centro Principe Felipe.

Dende o departamento de enxeñería da Deputación dixeron que con moito mimo, traballo e estudo o que fixeron con esta rotonda é redordenar o tráfico nunha zona que era moi perigosa tanto para o peón como para o vehículo.

Unha zona de acceso ao Centro Príncipe Felipe que non conta con barreiras arquitectónicas e onde se lle da especial prioridade á seguridade do peón.