NOIA> A Conselleira de Infraestruturas mantivo un encontro co alcalde de Noia e outros membros do executivo para anunciarlles diversas melloras viarias a acometer no municipio. Entre elas, a dotación dun carril central de espera no cruce da Barquiña e a construción dunha senda peonil na travesía de Orro. Na súa primeira visita oficial ó concello de Noia na presente lexislatura, a Conselleira de Infraestruturas mantivo un encontro co alcalde, Santiago Freire, e varios responsables do executivo. Na reunión, a titular do departamento autonómico dou conta dos investimentos que o seu departamento vai realizar para mellorar a seguridade viaira no municipio. Tamén se avanzou no proxecto para a mellora do enlace da Fialla a Portobravo, do corredor Brión Noia, dando continuidade ó acceso executado en Sampaio. A conselleira de Infraestruturas ratificou o compromiso do seu departamento con esta actuación, que afectará tamén ó concello de Lousame, e suporá un investimento de máis dun millóns de euros. Abordouse tamén a reapertura do paseo peonil da ponte sobre a ría, pechada dende hai semanas polos danos que ocasionaron os temporais.
Inicio Barbanza - Muros - Noia