PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra acolleu onte a entrega dos terceiros Premios Provinciais á Xuventude. Unha gala marcada polo talento e a creatividade e na que foron premiados 17 mozas e 12 mozos. Proxectos cheos de valores e que demostran a verdadeira revolución cultural que está a vivir a nosa provincia.
A gala dos Premios Provinciais á Xuventude estivo marcada polo talento e o optimismo de todos os participantes. Este evento naceu co obxectivo de poñer en valor o traballo da mocidade de toda a Provincia e con eles volveuse a demostrar, un ano máis, a vontade destes mozos por cambiar o mundo.
Os Premios Provinciais á Xuventude dividíronse en 7 modalidades. Na categoría de “Iniciativa social” o primeiro premio foi para “ArteCalavera” polo seu proxecto “Voces Ocultas”. Esta entidade foi a gran triunfadora da tarde ao conseguir 4 galardóns polo seu proxecto Estudo Bonobo.
Outro dos premios máis importantes da tarde foi o da categoría “Educación en Valores”. Este galardón foi a parar ao IES Illa de Ons polo seu proxecto “Miserábeis”.
Nuria Casas, Brais Suárez, Claudia Gómez e Rosa Pardal gañaron os premios na categoría de Traballo Musical, Traballo Literario e Fotografía, respectivamente. A gran novidade desta gala foi a inclusión dunha modalidade nova, a de deseño e moda, que foi para Ángel López Pérez.
Outra das novidades deste ano foi este galardón. Un premio elaborado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.