A Deputación pon en marcha unha campaña para fomentar a adopción e a esterilización dos animais

PONTEVEDRA> O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra presentou esta mañá unha nova campaña de cara ao Nadal. O obxectivo, fomentar a adopción e a tenza responsable dos animais. Unha iniciativa necesaria nunha das datas nas que máis aumenta a compra de cans.

Ela é Bonni. Esta cadela apareceu abandonada o 11 de outubro en Caldas de Reis. Ao non ter microchip, os traballadores do Caan non puideron identificala. Bonni foi adoptada o día 31 de outubro por un veciño de Meaño.

Esta cadela representa aos máis de 1.100 cans que foron recollidos este ano polo Centro de Acollida e Protección da Deputación de Pontevedra. O Nadal é unha das datas na que máis aumenta a compra destes animais. Moitos deles acaban sendo abandonados ao rematar as festas. Para tratar de evitalo, a institución provincial presentou hoxe unha nova campaña co obxectivo de fomentar a adopción e a esterilización.

Carmela Silva aproveitou este acto para facer un balance dos datos rexistrados ata este momento no Caan.

Na nova campaña de Nadal, a Deputación de Pontevedra distribuirá máis de 9.000 carteis e de 13.000 dípticos entre os 61 concellos da provincia. Tamén se entregarán nos centros de educación Primaria e Secundaria, nos centros universitarios e nos Colexios de Veterinarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí